Airiños da Freba consideramos que xa vai sendo hora de acompañar aquel O’de Lacón que vos demos a probar fai tres anos. E postos a continuar co “menú” de músicas inspiradas nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado, decidimos chamarlle a este segundo traballo Con Grelos.
Poderedes comprobar que a colleita foi ben abondosa. Isto é debido ao gran tamaño e riqueza do “nabal” do noso patrimonio etnomusical, no que tamén incluímos a emigración en Barcelona e Arxentina.
Agardamos que este gran “mañuzo” de pezas, que apañamos polas diferentes hortas lucenses, vos preste tanto como a nós e faga que saquedes as vosas mellores galas dos armarios para vir acompañarnos ás festas, polavilas, ruadas e filandós.
Contamos con vós para o baile!
Includes unlimited streaming of Con grelos
via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
ships out within 7 days
Purchasable with gift card
€12EURor more
lyrics
En xulio e agosto chegan elegantes
ás nosas aldeas os veraneantes.
Cos seus coches novos,
guapos sen igual,
baixan ventanilla e din:
“Hola, ¿qué tal?”
Cata, catapún, catapún, puncandela,
saca a parrilla, Polichinela!
Cata, catapún, catapún, catapún,
como os bonequiños fan o pin, pan, pun!
Andan polas feiras e polas romarías,
van come-lo pulpo en grande compañía
e quitan carteiras
con gran discusión:
“¡Déjale al abuelo, que le hace ilusión!”
Cata, catapún, catapún, puncandela...
Cando vas cruzarte cun coche flamante,
perigo!, que chega o veraneante.
Vai no medio e medio,
non sabe orillar,
bótate pra fóra:
“¡Ay, qué estrecho está!”
Pequena orquestra de música tradicional da provincia de Lugo (Galicia).
Con nós percorrerás as músicas de
cuartetos e orquestriñas que amenizaban as nosas festas na primeira metade do século pasado.
Small traditional orchestra group of the province of Lugo (Galicia).
With us you will know the music of quartets and orchestras that enlivened our parties in the first half of the last century....more
The Alabama duo's fifth album exults in dusty Americana, showcasing rich vocal harmonies alongside blissful folk instrumentation. Bandcamp New & Notable Mar 31, 2024
More contemplative folk from the Minnesota singer-songwriter, sustained by raw full-band arrangements and philosophical lyrics. Bandcamp New & Notable Mar 28, 2024
Irish singer-songwriter Oisin Leech's acoustic folk music is characterized by its muted beauty and intimate, solitary quality. Bandcamp New & Notable Mar 16, 2024