Airiños da Freba consideramos que xa vai sendo hora de acompañar aquel O’de Lacón que vos demos a probar fai tres anos. E postos a continuar co “menú” de músicas inspiradas nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado, decidimos chamarlle a este segundo traballo Con Grelos.
Poderedes comprobar que a colleita foi ben abondosa. Isto é debido ao gran tamaño e riqueza do “nabal” do noso patrimonio etnomusical, no que tamén incluímos a emigración en Barcelona e Arxentina.
Agardamos que este gran “mañuzo” de pezas, que apañamos polas diferentes hortas lucenses, vos preste tanto como a nós e faga que saquedes as vosas mellores galas dos armarios para vir acompañarnos ás festas, polavilas, ruadas e filandós.
Contamos con vós para o baile!
Includes unlimited streaming of Con grelos
via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
ships out within 7 days
Purchasable with gift card
€12EURor more
lyrics
Vin unha rapaza
bailar cun home pequeno:
bailaban, como bailaban!,
bailaban que daba medo. (bis)
Eran os dous charrusqueiros,
nada tiñan que perder:
bailaban ben a muiñeira,
bailan como debe ser.
Eran os dous charrusqueiros,
nada tiñan que perder:
bailaban ben a muiñeira,
todos desexamos ver.
Dálle pa riba, calca pa baixo,
tira pa diante e dálle pa trais;
érguelle a zanca, aparta as enaugas,
dá media volta, un paso atrais.
Farruca, Farruquiña,
baila, baila sin parar!
Farruquiño tá maliño,
con un bico ha-lo sanar.
Farruca, Farruquiña,
baila, baila sin parar!
Farruquiño tá na cama
esperando pra brincar.
O home de Farruquiña
é pequeniño e galano:
cando Farruquiña baila
arrandéaselle o rabo.
O home de Farruquiña
é pequeniño e galano:
cando Farruquiña baila
móveselle ben o rabo.
Farruquiño, Farruquiño,
non che debe parcer mal:
anque Farruquiña baile,
todo vai seguir igual.
Farruquiño, Farruquiño,
non che debe parcer mal:
baila, baila, Farruquiña,
a Farruco vaslle gustar.
Pequena orquestra de música tradicional da provincia de Lugo (Galicia).
Con nós percorrerás as músicas de
cuartetos e orquestriñas que amenizaban as nosas festas na primeira metade do século pasado.
Small traditional orchestra group of the province of Lugo (Galicia).
With us you will know the music of quartets and orchestras that enlivened our parties in the first half of the last century....more
The Alabama duo's fifth album exults in dusty Americana, showcasing rich vocal harmonies alongside blissful folk instrumentation. Bandcamp New & Notable Mar 31, 2024
More contemplative folk from the Minnesota singer-songwriter, sustained by raw full-band arrangements and philosophical lyrics. Bandcamp New & Notable Mar 28, 2024
Irish singer-songwriter Oisin Leech's acoustic folk music is characterized by its muted beauty and intimate, solitary quality. Bandcamp New & Notable Mar 16, 2024